• Editorial Xerais, 2019.
  • Ilustracións de Paula Mayor.
  • Premio Lazarillo 2018.

Sinopse

Conta nove estrelas é unha obra de ficción científica para nenos que sucede na descoñecida Galaxia Oma. No máis remoto planeta desta galaxia, oculta nunha pequena cabana, vive unha nena de cabelo turquesa chamada Quepi que ten o extraordinario don de comunicarse coa natureza. Todos os días da súa vida están rexidos polas Tres Normas Inquebrantables que o avó Acasi impuxo a Quepi para protexer a esa nena tan singular. Ata que un día, Quepi ve un pequeno ser branco, tan fermoso, que as regras deixan de importarlle, tan especial que fará que se embarque, xunto ao seu irmán Udai, nunha inesperada aventura que os levará a desafiar os límites do universo coñecido.

Se es fan do universo ou simplemente che apetece cambiar un pouco de galaxia, mergúllate nesta historia de aventuras e sorpresas, que fala tamén de valores do noso mundo, como a familia, a tolerancia e o poder dos nosos soños.

Curiosidades

A Galaxia Oma está totalmente inspirada na nosa Vía Láctea. Como ela, é unha galaxia en espiral, formada por distintos brazos que contén no seu centro un burato negro. O sistema solar binario, (conformado no caso da galaxia Oma polo Sol de Bram e o Sol de Sibi) tampouco é unha invención. Existen sistemas conformados por dúas estrelas. Mesmo se especula con que o noso sol puido ter unha irmá xemelga coñecida polo nome de Némesis!

Os bobós, en cambio, son seres totalmente ficticios. Ben, non totalmente. No momento no que estaba escribindo esta historia chegou á miña vida un ser peludo e branco, de aparencia adorable e inofensiva. Chámase Gala e, aínda que é unha gata, ás veces pode ser tan destrutiva como o máis perigoso dos bobós… E tamén tan incrible coma eles.

Apetéceche ler unhas páxinas?

Enlace á lectura do primeiro capítulo da tradución ao castelán:

https://www.anayainfantilyjuvenil.com/primer_capitulo/cuenta-nueve-estrellas.pdf

Para máis información sobre a ilustradora Paula Mayor visita a súa web.