Con Europa Express obtiven o Premio Jules Verne, co que tanto soñara, no ano 2015 e pouco despois a obra foi traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.
En 2018 quedei finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, que foi publicada en galego e traducida posteriormente ao español. Conta nove estrelas, a miña novela número nove, gañou o Premio Lazarillo 2018 e está editada en galego e en español.
En 2020 concedéronme o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E no mesmo ano gañei o Premio Merlín de literatura infantil coa obra A folla azul, que será publicada en español próximamente.
No ano 2021 concedéronme o premio Frei Martín Sarmiento, outorgado pola Asociación de Escolas Católicas de Galicia, como a mellor novela de 2020 por Conta nove estrelas, na categoría de 5º e 6º de primaria.
Neste mesmo ano gañei o premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña coa obra Que me pare o corazón se te esquezo, que sairá próximamente en Xerais e que fala do abismo dos retos virais, das luces e sombras das redes sociais, do que nos atemoriza, nos percorre e nos fascina.