Violeta tamurana

violeta tamurana
  • Editorial Baía Edicións, 2010.
  • Ilustracións de Rodrigo Chao Blanco.
  • Premio Meiga Moira 2010.

Sinopse

Violeta tamurana trata sobre as fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. 

A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou. 

Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

Curiosidades

Esta historia acompañoume desde a primeira adolescencia e á  novela da que máis borradores, debuxos e anotacións fixen nunca. 

Aínda que foi a segunda novela que publiquei, foi a primeira coa que comecei a visitar centros escolares e deume a oportunidade de poñerme en contacto cos lectores e lectoras, algo que me permite desde entón seguir aprendendo e mellorando e que nunca poderei agradecer na súa debida medida, pois é un dos grandes agasallos que me foi concedido grazas á literatura.