Alma de elefante

Andrea Maceiras Alma de elefante
  • Premio Anaya 2022.
  • Ilustracións de Jordi Solano.
  • Traducido pola Editorial Xerais en 2023.
  • A partir de 8 anos.
Alma de elefante Andrea Maceiras
  • Premio Anaya 2022.
  • Ilustracións de Jordi Solano.
  • Publicado pola Editorial Anaya en 2022.
  • A partir de 8 anos.
  • 2ª edición.

Resumen

Suy e Lawen son dous irmáns xemelgos que viven na aldea de Sat Naapa, un remoto lugar do sureste asiático. As súas tranquilas vidas cambian o día no que a velliña Champey le as súas almas e lle di a Suy que el ten alma de bolboreta, mentres que a súa irmá Lawen posúe o espírito do elefante. A Suy parécelle imposible porque el é máis forte e sempre coidou da súa xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións descoñecidas. Así que Suy conta unha pequena mentira. Di que el é o elefante.

O que non pode sospeitar Suy é que axiña se van cruzar con Tep, un elefante real que necesita desesperadamente a súa axuda e por quen emprenderán unha incrible aventura.

E é que ás veces as cousas non son o que parecen.

Ás veces os tesouros teñen catro patas.

E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.

Curiosidades de Alma de elefante

Esta é unha historia moi especial para min porque nace dunha das miñas viaxes por Asia. Está dedicada ao neno ou á nena que perdeu o debuxo que eu atopei preto de Banteay Srei e que inspirou, sen sabelo, esta historia.

Non podía ser doutro modo.

Algunhas veces as ideas xorden da forma máis inesperada. O templo de Banteay Srei é un dos máis singulares e afastados do complexo de templos de Angkor, en Cambodia. A primeira vez que o visitei, había nenos e nenas correndo polos arredores. Xogaban a espantar bandadas de garzas brancas. Alí atopei unha bóla esquecida e tamén unha cuartilla escolar cun debuxo moi simple e bonito, feito a lapis por unha man infantil. Nel se reflectía a paisaxe que tiña ante os meus ollos: os campos de cultivo, as pequenas casas, o sol do amencer e un ceo cruzado por un avión. Tamén aparecía un grupo de nenos e nenas que avanzaba en fileira por un camiño nun arrozal. Un deles ía subido nun gran animal que parecía un elefante. 

Gardei o debuxo no meu diario de viaxes porque pensei que contaba unha historia á que só lle faltaban as palabras, como unha postal sen mensaxe.

Apetéceche ler algunhas páxinas de Alma de elefante?

Enlace a lectura do primeiro capítulo en castelán:

Alma de elefante

Viaxa ata as selvas do sureste asiático e acompaña a Tep nesta incrible aventura

Algunhas das ilustracións de Alma de elefante

Páxinas
168
Idioma
Galego
ISBN
978-84-1110-242-1
Editorial
Xerais
Precio
12,50 €
Formato
Tapa branda

Novelas relacionadas

Reseñas

‘Alma de elefante’, una historia sobre la importancia de la familia

Alma de elefante: un viaje de amor

Opinión de Alma de elefante de Andrea Maceiras

… del libro «Alma de elefante»