Conta nove estrelas

Andrea Maceiras Conta nove estrelas
  • Premio Lazarillo 2018.
  • Publicado pola Editorial Xerais en 2019.
  • Ilustracións de Paula Mayor.
  • A partir de 11 anos.
  • 4ª edición.
Andrea Maceiras Cuenta nueve estrellas
  • Premio Lazarillo 2018.
  • Publicado pola Editorial Anaya en 2019.
  • Ilustracións de Xavier Bonet.
  • 2ª edición.

Resumen

Conta nove estrelas é unha obra de ficción científica para nenos que sucede na descoñecida Galaxia Oma. No máis remoto planeta desta galaxia, oculta nunha pequena cabana, vive unha nena de cabelo turquesa chamada Quepi que ten o extraordinario don de comunicarse coa natureza.

Todos os días da súa vida están rexidos polas Tres Normas Inquebrantables que o avó Acasi impuxo a Quepi para protexer a esa nena tan singular. Ata que un día, Quepi ve un pequeno ser branco, tan fermoso, que as regras deixan de importarlle, tan especial que fará que se embarque, xunto ao seu irmán Udai, nunha inesperada aventura que os levará a desafiar os límites do universo coñecido.

Se es fan do universo ou simplemente che apetece cambiar un pouco de galaxia, mergúllate nesta historia de aventuras e sorpresas, que fala tamén de valores do noso mundo, como a familia, a tolerancia e o poder dos nosos soños.

Curiosidades de Conta nove estrelas

A Galaxia Oma está totalmente inspirada na nosa Vía Láctea. Como ela, é unha galaxia en espiral, formada por distintos brazos que contén no seu centro un burato negro. O sistema solar binario, (conformado no caso da galaxia Oma polo Sol de Bram e o Sol de Sibi) tampouco é unha invención. Existen sistemas conformados por dúas estrelas. Mesmo se especula con que o noso sol puido ter unha irmá xemelga coñecida polo nome de Némesis!

Os bobós, en cambio, son seres totalmente ficticios. Ben, non totalmente. No momento no que estaba escribindo esta historia chegou á miña vida un ser peludo e branco, de aparencia adorable e inofensiva. Chámase Gala e, aínda que é unha gata, ás veces pode ser tan destrutiva como o máis perigoso dos bobós… E tamén tan incrible coma eles.

Apetéceche ler algunhas páxinas de Conta nove estrelas?

Enlace á lectura do primeiro capítulo da tradución ao castelán:

gala
A miña querida Gala, adorable e destructiva.
Páginas
152
Idioma
Español y gallego
ISBN
978-84-698-4860-9
Editorial
Anaya
Precio
12,50€
Formato
Tapa blanda

Novelas relacionadas

Reseñas

«Un texto bien urdido y entramado con un lenguaje poético con bellísimas escenas que transportan a un mundo galáctico (..) Una apuesta a la imaginación desbordante y a la ciencia ficción».

Xurado do Premio Lazarillo

“La edad recomendada es a partir de 10 años, pero es un libro que se puede disfrutar a cualquier edad».

«A veces es muy difícil dejar de lado tus prejuicios y creer ciegamente en la persona que más te importa del universo.»

“Andrea Maceiras lévanos de viaxe interestelar máis alá da Galaxia”.

«Un libro que combina a ciencia ficción e a fantasía cun lirismo moi marcado: «Conta nove estrelas»

«Cuenta nueve estrellas» de Andrea Maceiras

“Conta nove estrelas está chamada a ser unha das obras máis representativas da literatura infantil do noso tempo”.

“En esta historia subyacen temas tan actuales como la tolerancia y la diversidad”.

“Seguro que gusta a los lectores por su agilidad, aventura y sencillez de sus planteamientos, aunque no exentos de valores que nos ayudarían a vivir mejor en nuestra sociedad”.

«Andrea Maceiras: Cuenta nueve estrellas. La belleza en el caos».

«O lector nunca deixa pasar a oportunidade de ler cada nova obra que Andrea Maceiras tira do prelo«