Europa express

Andrea Maceiras Europa express
  • Premio Jules Verne 2015.
  • Publicado pola Editorial Xerais, 2015.
  • Portada de Antonio Seijas.
  • A partir de 13 anos.
  • 9ª edición.
Andrea Maceiras Europe express
  • Publicado pola Editorial Small Stations Press, 2018.
  • Colección Galician Wave.
  • Traducido ao inglés por Jonathan Dunne.

Sinopse

Imaxinas chegar a unha pequena cidade norueguesa que visitaches hai dez anos e descubrir que apareces nunha postal?

Pois iso é precisamente o que lle acontece a Nico, un dos protagonistas de Europa Express. Pero o que Nico non sabe é que esa postal agocha un incrible segredo capaz de remover todo o seu mundo. E o dos amigos cos que compartiu aqueles inesquecibles días.

Europa Express é unha novela inspirada nas miñas viaxes de interrail: tres meses en tres veráns consecutivos percorrendo Europa de tren en tren, cunha mochila chea de experiencias. E de postais para a miña colección.

Novela de viaxes, de intriga, amor e amizade, esta obra aborda o efémero da adolescencia, tan breve como o esplendor na herba, pero chea de emocións inesquecibles, capaces de alterar o curso das nosas vidas. Porque todo o que unha vez fomos permanece para sempre na memoria.

Curiosidades de Europa express

Son moi fan das novelas que se abren con citas que orientan a lectura das historias. É como unha pequena trampa literaria que pon ao lector ou lectora en preaviso e esperta a súa curiosidade.

Europa Express ábrese con tres citas sobre o tempo e a memoria.

O poema de William Wordsworth, un dos recoñecidos “Lake poets” do Romanticismo inglés, dá título a unha das películas que me impactou durante a adolescencia Splendor in the grass (ollo, que esta peli en branco en negro é do ano 1961! E aínda así recoméndoa moitísimo). 

Pola súa banda, Marica Campo é unha das miñas poetas preferidas. Guía e mestra, é unha das mulleres máis incribles das nosas letras, capaz mesmo de achegarse á definición de beleza.

Canto a Robert Frost, é considerado un dos precursores da poesía moderna estadounidense. O eco do seu gran poema, Nothign gold can stay, atravesa o tempo ata coarse en obras tan dispares como no prólogo da coñecida novela Rebeldes, de Susan E. Hinton, ou a serie de animación Los Simpson.

Xeniais ilustracións dos personaxes de Europa Express de María Macías.

Páxinas
216
Idioma
Galego e inglés
ISBN
978-84-9914-943-1 / 978-84-9914-949-3
Editorial
Xerais
Precio
12,95€ / 5,99€
Formato
Tapa branda e ePub

Novelas relacionadas

Reseñas

“Unha magnífica novela de intriga psicolóxica: Europa express, de Andrea Maceiras.»

“Novela marabillosamente contruída, que envolve o lector e faise cómplice con el: «Europa Express», de Andrea Maceiras.