Nubes de evolución
- Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia.
- Publicado pola Editorial Xerais, 2013.
- Portada de Antonio Seijas.
- A partir de 13 anos.
- 9ª edición.
Resumen
Nubes de evolución relata a historia de tres personaxes: un profesor frustrado, unha nai adolescente e un rapaz perdido, que só teñen en común o seu paso cotián pola estación de autobuses.
Ata que un día, unha misteriosa pintada escrita nunha parede, cambia para sempre as súas vidas.
Gustarache se te emocionan as historias intimistas, de vidas que evolucionan como nubes e ceos escuros polos que ás veces se filtran raiolas de luz.
Curiosidades de Nubes de evolución
Cando estudaba na universidade, as horas de espera na estación de autobuses facíanseme interminables. Non vía o momento de regresar a casa despois das clases. Aburrida, comecei a imaxinar as vidas das persoas coas que me cruzaba acotío. Aquel home de mediana idade que camiñaba apoiado nun paraugas negro. A rapaza da limpeza, tan abrigada que parecía ter o frío instalado na alma. O adolescente da bolsa de deportes, amparado na música dus cascos cos que protexerse do mundo.
A pintada que reúne aos tres personaxes da obra na estación de autobuses é un verso da canción Angie, incluída no álbum Goats Head Soup de 1973 dos Rolling Stones. Trátase dun clásico musical contemporáneo que relata unha historia de desamor: a voz lírica explica á súa amada Angie que a relación é xa imposible, nunha despedida non exenta de esperanza.
“When will those clouds all disappear?” é a pregunta que dá inicio ao tema e evidencia o anhelo pola chegada de tempos mellores. Ademais, aproveita as nubes como símbolo para expresar a súa tristeza.
En realidade, a pintada que eu vin na estación durante aquelas longas esperas era outra. Dicía “Nobody loves no one”. Pero este tema dos Rolling forma parte de min desde a infancia por ser unha das cancións favoritas da miña nai, e contén moita máis luz que a frase orixinal. Supoño que ese é outro dos poderes da literatura: a capacidade de reinventar a realidade a través das palabas.
Por se queres saber máis...
Enlace á páxina de Wikipedia de Nubes de evolución.
- Páxinas
- 192
- Idioma
- Galego
- ISBN
- 978-84-9914-463-4 / 978-84-9914-660-7
- Editorial
- Xerais
- Precio
- 12,95€ / 5,99€
- Formato
- Tapa branda e ePub
Reseñas
“Nubes de evolución” é unha historia de reconciliación coa vida e coas persoas, un relato de superación e de esperanza.”
“Lectura atraente para entusiasmar o alumnado: «Nubes de evolución»”
“Co fío dos Rolling Stones: «Nubes de evolución», de Andrea Maceiras”