O que sei do silencio

Andrea Maceiras O que sei do silencio
  • Finalista do Premio Raíña Lupa 2017.
  • Publicado pola Editorial Xerais, 2018.
  • Proposta didáctica.
  • 8ª edición.
Lo que se del silencio Andrea Maceiras
  • Finalista do Premio Raíña Lupa 2017.
  • Traducido e publicado pola Editorial Algar, 2018.
  • A partir de 14 anos.

Resumen

Inspirada libremente nunha historia real, O que sei do silencio é, quizais, unha das novelas máis intensas e complexas que escribín. Narrada en forma de blog, relata en primeira persoa como Delia e as súas amigas acosan á rapaza nova do instituto, a guapa e intelixente Silke. Pero tamén Silke a invisible. Silke a zorra. Silke a quentabraguetas.

Ata que todo se lles vai das mans.

Eu acosei.

El acosou.

Nós acosamos.

Eles acosaron.

Esta é a historia do tempo que Delia gardou ese silencio que agora a fai sentirse tan culpable.

Se che preocupa o acoso, se algunha vez sentiches que a presión do grupo che deixaba sen palabras, se che gustan as novelas realistas que tratan temas como o arrepentimento e as segundas oportunidades, anímate a ler esta historia relatada por una acosadora pasiva.

Cita

O silencio pode converterse nun burato negro se te deixas arrastrar por el. O silencio pode mancar tanto como as palabras, tanto como as labazadas. Diso vai este blog. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín aqueles días da crueldade e da cobardía.

Isto é o que sei do silencio.”

Curiosidades de O que sei do silencio

Encántanme os clubs de lectura, xa sexa en bibliotecas, comunidades online ou colexios e institutos. Por iso algúns personaxes da obra, como Delia, Elisa e Marcos forman parte dun.

No momento no que Silke chega ao instituto, no club de lectura están a ler un libro de contos titulado De cando fun serea, da autora Leaena Hiems. Delia comparte algúns destes relatos no blog para reflexionar máis profundamente sobre temas que a preocupan.  Porén, ese libro non existe (aínda!).

Inventar libros e autores ficticios non é algo novo na historia da literatura. Pola contra, trátase dun vello xogo que moitos autores aproveitamos co fin de desdebuxar a delgada línea que separa a realidade e a ficción e así crear textos metaliterarios (literatura dentro de literatura). Quizais o exemplo máis coñecido é o do grimorio titulado Necronomicón, un libro inexistente que é froito da imaxinación do autor H.P. Lovecraft, pero que moitos lectores e lectoras consideraron real. 

E é que ás veces o real e o ficticio están tan preto que non é fácil saber onde se atopa a liña que marca a diferenza. Pode que, nalgúns casos, nin sequera exista.

Páxinas
224
Idioma
Galego e español
ISBN
978-84-9121-402-1 / 978-84-9121-398-7
Editorial
Xerais
Precio
12,95€ / 6,99€
Formato
Tapa branda e ePub

Novelas relacionadas

Reseñas

“Os personaxes están moi ben perfilados e a acción non só é crible senón que te convida a pensar fondamente no que alí se conta.”

“Creo que é un libro necesario e imprescindible que van devorar alumnas e alumnos e que pode servir de ponte de reflexión na aula.”

«Unha historia moi realista xa que logo reflexa o mundo dun centro ensino que non é outro que un modelo da sociedade actual, cos seus valores e cos seus defectos.»

Andrea Maceiras: "O acoso é un problema global que non afecta só a acosador e vítima"