Proxecto bolboreta

Andrea Maceiras Proxecto bolboreta
  • Primeiro Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
  • Editorial Xerais, 2007.
  • Portada de Antonio Seijas.
  • A partir de 12 anos.
  • 2ª edición.

Resumen

Proxecto bolboreta relata a historia de Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, quen viaxa dende Pequín a Nova York para realizar un singular experimento. A súa intención é a de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”.

Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.

Curiosidades de Proxecto bolboreta

Cando a miña mellor amiga cumpriu dezaoito anos quixen facerlle un regalo especial que celebrase a súa (nosa) maioría de idade. Como sabía que lle gustaban as libélulas, bolboretas e, en xeral, toda clase de insectos alados, escribín un conxunto de relatos inspirados nesta temática. 

Un deles foi o xerme da que sería a miña primeira novela, Proxecto Bolboreta, que relata historia dun extravagante matemático, merecedor do Premio Ignobel pola investigación absurda e fermosa que acomete en soidade para demostrar, finalmente, que todo é posible se o desexamos de verdade.

Páxinas
120
Idioma
Galego
ISBN
978-84-9782-824-6 / 978-84-9121-165-5
Editorial
Xerais
Precio
12,95€ / 5,99€
Formato
Tapa branda e ePub

Novelas relacionadas

Reseñas

“Proxecto Bolboreta é un libro moi intenso de ritmo áxil e un canto ós soños e a aqueles que soñan.”