Violeta tamurana

Andrea Maceiras Violeta tamurana
  • Premio Meiga Moira 2010.
  • Publicado pola Editorial Baía Edicións, 2010.
  • Ilustracións de Rodrigo Chao Blanco.
  • 10 a 12 anos.

Resumen

Violeta tamurana conta a historia das fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza. Trátase dunhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido.

A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.

Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

Curiosidades de Violeta tamurana

Esta historia acompañoume desde a primeira adolescencia é a novela da que máis borradores, debuxos e anotacións fixen nunca. 

Aínda que foi a segunda novela que publiquei, foi a primeira coa que comecei a ter encontros en centros escolares e deume a oportunidade de poñerme en contacto cos lectores e lectoras, algo que me permite desde entón seguir aprendendo e mellorando e que nunca poderei agradecer na súa debida medida, pois é un dos grandes premios que me concedeu a literatura.

Páxinas
218
Idioma
Galego
ISBN
978-84-92630-85-1
Editorial
Baia Edicións
Precio
13,80€ / 6,90€
Formato
Tapa branda e ePub

Novelas relacionadas