Volverás, golfiño

Andrea Maceiras Volveras golfiño
  • Finalista do Premio Merlín 2014.
  • Publicado pola Editorial Xerais, 2014.
  • Ilustracións de Víctor Rivas.
  • 10 a 12 anos.
  • 7ª edición.

Resumen

Volverás golfiño é unha historia de lendas e naufraxios, de fantasmas e faros que alumean mundos invisibles.

A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisibles perigos. 

Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.

Se che gustan as historias de espíritos e intriga e queres saber máis sobre este extraordinario lugar que é a Costa da Morte, non dubides en ler esta novela que te trasladará a un dos escenarios máis misteriosos e fascinantes da nosa xeografía.

Curiosidades de Volverás, golfiño

Todos os naufraxios nos que se basea o argumento de Volverás, golfiño, son históricos e reais. Para a creación desta historia documenteime en diversas fontes, tanto escritas como dixitais: libros de historia, xornais antigos, lendas de transmisión oral… e decateime de que historia da Costa da Morte resulta inesgotable.

Dise que foron os mariñeiros ingleses os que lle deron este nome polo perigo das súas augas, que arrastraban os barcos cara a costa sen que os tripulantes se decatasen.

Mentres pescudaba datos en xornais británicos da época, cheguei, de xeito inesperado, a unha listaxe dos pasaxeiros do Iris Hull. Emocionada, descubrín que na pasaxe había dúas persoas coas iniciais T. Lang e escribín ese suxestivo apelido no meu caderno de notas. Cando quixen regresar á fonte onde atopara aquela valiosa información, non fun capaz. Xamais volvín encontrar aquela lista de pasaxe. Ás veces penso que non existiu. Outras que non puiden imaxinalo. Pero esa é a maxia da escrita.

Nota da autora

Sei que nalgúns centros escolares onde se leu esta novela, profesores e profesoras xenerosos entusiastas fixeron rutas literarias visitando os escenarios onde se desenvolve a novela e mesmo facendo lecturas nos enclaves principais da historia. Moitísimas grazas! E tamén animar a todos os lectores e lectoras a que se dean unha volta polo Areal de Trece, o Cemiterio dos Ingleses, o faro de Cabo Vilán e en definitiva polas costas do norte de Galicia. Pode que mesmo teñades a sorte de ver eses golfiños que enchen de maxia as nosas costas!

Por se queres saber máis...

Enlace á Wikipedia de Volverás, golfiño:

Volverás, golfiño

Sumérxete nesta emocionante historia de pantasmas e barcos afundidos nun entorno cheo de misterios

Algunhas das ilustracións de Volverás, golfiño

Páxinas
144
Idioma
Galego
ISBN
978-84-9914-579-2 / 978-84-9914-789-5
Editorial
Xerais
Precio
12,95€ / 5,99€
Formato
Tapa branda e ePub

Novelas relacionadas

Reseñas

“A voz dunha moza que sabe loitar polo seu propio mundo: «Volverás, golfiño».”