A folla azul
- Premio Merlín 2020.
- Ilustracións de Sonia García.
- Publicado por la Editorial Xerais 2021.
- 10 a 12 anos.
- 5ª edición.
- Premio Merlín 2020.
- Ilustraciones de Sonia García.
- Publicado por la Editorial Anaya 2021
Resumen
No corazón da Amazonía, a vida da tribu de Husu Aké transcorre tranquila, en sintonía co ciclo da natureza e o espíritu de Bekororoti. Ata que un día a sabia aboa Arumi presinte que o desastre se cerne sobre a sua xente e decide revelar a sua neta o secredo que estivo gardando durante anos. Husu Aké se embarca así nunha viaxe heroica en busca de unha foja azul, o único remedio capaz de salvar a os seus. Durante a sua aventura terá que romper leis e mandatos ancestrais e descubrir que hai nun lugar mais alá do «mundo verde» onde se perdeu o amor pola Nai Terra.
Un grito contra a destrucción dos recursos naturais e un canto a favor da cooperación e o respeto a outras formas de vida.
Adéntrate no corazón da Amazonia da man de Husu Aké, a nena dos ollos de luz, capaz de arriscar a súa vida por salvar a da súa tribo, nunha trepidante aventura que a levará mais alá do mundo que coñece.
Cita
Eu sentía a serpe do vento bisbando na miña orella, pero non me daba medo. Nunca temera as boas nin as anacondas, nin a ningún outro animal. Sabía que o corazón de todos os seres vivos latexaba a un mesmo ritmo. Todos eramos irmáns, fillos e fillas da Nai Terra e os nosos espíritos podían entenderse máis alá dos nosos corpos e das nosas linguas. Eu compartía a miña alma coa das anacondas e a das boas e elas formaban parte de min.
Non podía ter medo de min mesma e por iso tampouco as temía a elas.
Curiosidades de A folla azul
Esta novela está protagonizada por unha tribo ficticia, os tacaré. Porén, inspírase nunha tribo real, a dos kayapó. A súa forma de ver e entender o mundo, os seus costumes e tradicións e mesmo algunha das súas palabras baséanse na destes defensores e defensoras da natureza.
Os kayapó ou Mebêngôkre (do lugar da auga) viven na Amazonia brasileira. Hai anos que sigo a historia desta tribo á que admiro pola súa oposición á construcción da presa que anegaría os seus terreos, pola súa loita para preservar a selva que habitan e pola crenza de que, se destruímos as formas de vida ancestrais da Amazonia, destruímos unha parte esencial do noso planeta. Eles e elas son os gardiáns do mundo verde.
Con todo, o personaxe máis importante desta historia para min é Arumi, a avoa de Husu. Nela vexo á miña propia avoa. E sinto que, a pesar de que xa non estea comigo, a súa sabedoría segue acompañándome en cada paso do camiño.
Apetéceche ler algunhas páxinas de A folla azul?
Enlace á lectura do primeiro capítulo da tradución ao castelán:
- Páxinas
- 168
- Idioma
- Galego e español
- ISBN
- 978-84-9121-844-9 / 978-84-9121-852-4
- Editorial
- Xerais
- Precio
- 12,95€ / 5,99€
- Formato
- Tapa branda e ePub